Os 'makers' galegos repartiron máis de 30.000 equipos de protección
Publicado o 12/05/2020 14:25
Así, con impresoras 3D domésticas, fabrican viseiras de protección contra o coronavirus.
Coronavirus Makers é unha plataforma aberta a toda a cidadanía, empresas e profesionais dispostos a colaborar. Actualmente en Galicia hai uns 1.600 membros desta rede mundial de expertos en tecnoloxía aberta. Realizan unhas 1.000 pezas de protección diarias. Pantallas e tamén salvaorellas.
Persoas anónimas entre as que hai amas e amos de casa, transportistas, arquitectos, enxeñeiros, informáticos, etc., un colectivo altruísta que achega coñecemento e o seu propio material de fabricación.
Recoñecen que o nivel de demanda xa baixou con respecto ao inicio da crise sanitaria. Dende finais de marzo entregaron en Galicia máis de 30.000 pezas de protección.