CRTVG

Buscar

Os máis pequenos gozan do día das vacacións de Nadal antes de volver mañá ás aulas

Publicado o 07/01/2020 14:16

Mañá é a volta ao cole e hoxe toca desfrutar do último día das vacacións de Nadal, ao quente que hoxe vai outro xélido día.
Rematou o Nadal e mañá comezan as clases. Hoxe moitos nenos e nenas desfrutaron do seu último día de lecer en bibliotecas e ludotecas xa que as baixas temperaturas fixeron moi difícil que puidesen xugar na rúa cos novos xoguetes.

Grazas a estes servizos tamén nais e pais poden conciliar.

 

Durante os días laborables, nais e pais puideron elixir entre diferentes actividades educativas e de lecer.

Foron máis de dúas semanas de decanso pero con emocións intensas.

Agora hai que volver á rutina.

Mañá comeza o segundo trimestre, a aplicarse ata as próximas vacacións, as de Semana Santa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020