CRTVG

Buscar

Os locais nocturnos dun barrio de Chantada acumulan decenas de denuncias polo ruído

Publicado o 27/12/2019 20:12

Os veciños do barrio chantadino de Lama das Quendas quéixanse de que levan anos padecendo o ruído procedente dos negocios nocturnos da zona. Aseguran que non se respectan os horarios de peche, que os locais non están insonorizados e que o volume da música é demasiado alto. Ademais, din que son frecuentes os actos vandálicos por parte dos clientes.

Mari Carmen Vázquez Cordido, vogal da asociación veciñal Xan de Requeixo de Chantada: "O calvario é de non poder durmir. Moitas persoas de distintos edificios con distintos locais, pero na mesma zona. Uns cerran á unha hora, coma as cafeterías, e outros pechan ás sete e ás veces ás oito da mañá."

Os locais de hostalería do barrio acumulan decenas de denuncias por parte dos veciños, que xa crearon unha plataforma de afectados polo ruído nocturno e que mesmo levaron as súas queixas á Valedora do Pobo.

Mari Carmen Vázquez Cordido, vogal da asociación veciñal Xan de Requeixo de Chantada: "En tres ocasións respondeu o Valedor do Pobo que se puxo en contacto co Concello e que non houbo ningunha resposta. Esixiulle solucionar o problema e non obtivo resposta."

Dado que hai veciños con problemas de saúde debido ao ruído, os afectados non descartan denunciar esta situación pola vía xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019