CRTVG

Buscar

Os líderes da UE acordan o peche das fronteiras exteriores durante 30 días

Publicado o 17/03/2020 20:45

Os líderes da Unión Europea (UE) apoiaron este martes nun cumio por videoconferencia a proposta da Comisión Europea (CE) de pechar as fronteiras exteriores comunitarias durante 30 días, salvo nalgunhas excepcións, para frear a expansión do brote de coronavirus. O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, anunciou nunha conferencia de prensa ao termo da reunión que os xefes de Estado e de Goberno comunitarios mostráronse a favor da proposta segundo expuxo a Comisión Europea e dixo que a próxima semana volverán verse por videoconferencia para avaliar a crise causada polo COVID-19.