CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan practicar 'karting' en circuítos, tras o accidente dun neno en Beade

Publicado o 06/08/2019 18:18

En Galicia hai unha ducia de instalacións en que se pode practicar karting de forma segura. Os expertos din que a idea de que o neno de cinco anos practicara nunha explanada foi unha temeridade.

Seguramente era das primeiras veces que probaba un kart. Aí está o erro. É como se levas o fillo a aprender a montar a cabalo nuns cantís. Pode que o cabalo se desboque e caia polo cantil ou se ensinas a montar en bicicleta á beira dunha estrada", di José López Rivas, directos do circuíto Racing Dakart de Sanxenxo.

Neste tipo de instalacións, os karts teñen cintos de seguridade, apoio traseiro, protección exterior... Ademais, o circuíto conta cunha barreira de polietileno cuns soportes que absorben os impactos.
Conducir en instalacións seguras evita que os accidentes se convertan en algo grave. Ademais, os usuarios poden traer aquí o seu propio Kart para practicar.

 

Noticias web

06/08/2019