CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Os institutos de Monforte Davinia Rey e A Pinguela foron protagonistas do programa da Radio Galega 'Convivir Deportivo'

Publicado o 24/02/2018 13:58

E da pantalla grande e a pequena trasladámonos agora á Radio. A Radio Galega. Os institutos de Monforte Davinia Rey e A Pinguela foron protagonistas do programa da Radio Galega "Convivir Deportivo". Os centros de ensino secundario monfortinos son destacados participantes do "Plan Proxecta" da Consellería de Cultura dirixido a fomentar a motivación dos alumnos e a educación en valores utilizando como ferramenta, neste caso, as clases de ximnasia.

Os almunos de secundaria dos institutos de Monforte cambiaron por un día as aulas polas butacas do auditorio da casa da cultura Lois Pereiro para participar na gravación do programa da Radio Galega 'Convivir Deportivo'.

Foron os protagonistas, xunto cos seus profesores de educación física, do espacio radiofónico pola intensa participación dos seus centros educativos no 'Plan Proxecta' da Xunta, que potencia a formación transversal para motivar o alumnado e potenciar os valores positivos.

O programa 'Convivir Deportivo' dedica todas as semanas un espazo para ofrecernos unha faciana máis social das actividades deportivas.