Os incumprimentos na saída dos nenos desatan a polémica
Malia que hoxe o tempo non acompaña, as bicicletas, patinetes e balóns volverán ás rúas na segunda xornada de saída controlada dos menores de 14 anos.
O cumprimento das normas establecidas foi a tónica dominante. Algúns pais elixiron lugares sen problemas de espazo e os pequenos saían da casa coa lección ben aprendida.
Mantemento de distancias que onte nalgunhas zonas non se respectou, máis dun adulto cos menores e máis tempo do estipulado fóra da casa fixeron saltar a polémica sobre a responsabilidade dalgúns adultos, que pode afectar esta e outras medidas futuras.
Para evitar que o incumprimento poida derivar tamén na posible supresión destas saídas controladas, debemos ter en conta a regra do 1112: 1 paseo ao día, 1 quilómetro de distancia da casa, 1 adulto responsable con ata 3 menores, e 2 metros de distancia interpersoal.