CRTVG

Buscar

Os hoteis viven un agosto imprevisible con estadías curtas e reservas no último minuto

Publicado o 10/08/2020 14:17

Os hoteis de Vigo aguantan a respiración ante un comezo de agosto imprevisible, pero, en principio, optimista. Nalgún, por exemplo, esta fin de semana superaron o 80% da súa ocupación e repiten cifra para o seguinte. Con todo, a media para a gran maioría está arredor do 60% con moitas reservas de última hora e sen apenas cancelacións.

Tamén mudou o perfil dos clientes, maioritariamente procedentes doutros puntos de España e tamén portugueses. Reservan no mesmo día e fan estancias máis curtas.

O ano pasado as cifras achegábanse ao 95% de ocupación pero todos son conscientes dunha situación onde a previsión pode cambiar en calquera momento. Ese incremento tamén o está a notar a hostalaría que tamén colle aire. O sector cre que agora mesmo están absorbendo clientes doutras zonas de Galicia onde o virus si que lles está a pasar factura.

Noticias web

10/08/2020