CRTVG

Buscar

Os hoteis andan polo 20% de ocupación nesta ponte

Publicado o 05/12/2020 15:20

Os hoteis comezan decembro tan baleiros como remataron novembro. A ponte festiva non logra reflotar a ocupación e os ánimos do sector... están baixos. Nestas datas, adoitaban ter ocupados o 80 por cento dos cuartos en moitos casos.

"Moi malos un desastre, as restricións de mobilidade provocaron que, moi mal, practicamente baleiros", di Lalo Crespo director do hotel Oca Puerta del Camino.


O Hostal dos Reis Catolicos reabriu este venres co obxectivo de salvar a ponte e a campaña do Nadal. Con todo, as reservas no parador de Santiago para estes días andan por baixo do 20 por cento, en cifras similares ás rexistradas semanas atrás cando decidiron pechar. As expectativas non son mellores nos establecementos que resistiron abertos durante toda a pandedmia.

Borja Villasenín, director do Ruta Jacobea apunta: "Andamos roldando o 15, o 20 por cento".
"Mantémonos nunha liña moi desastrosa, nun 18, 19 por cento no mes de novembro e agora imos acabar por debaixo, tiñamos algunha esperanza na ponte, pero en fin", asegura Lalo Crespo do hotel Oca Puerta del Camino.
"Hoxe o 50 por cento, mañá estamos nun 25 e o luns nun 20 por cento. As mellores cifras en todo o último mes". "Xa non temos que pensar en gañar diñeiro senón en sobrevivir", di a responsable do hotel Talaso de Oia.

Con vistas ao Nadal os hoteis reforzan as propostas nos seus restaurantes con menus completos para levar e mesmo postos na casa.
"Temos moitas reservas para o 24 e para o 31 de comida para levar á casa ", di Villasenín.
"Dámoslle todo feito, ten unha explicación por parte do chef, co cal é chegar a casa, dous minutos de forno, e todo o menú estaría elaborado", sinala Crespo.

Falcilidades e novos servizos para un Nadal diferente para todos.

Noticias web

05/12/2020