Os hostaleiros maniféstanse en varias cidades galegas para pedir o rescate do sector
Publicado o 12/11/2020 14:36
Coas súas bucinas os hostaleiros de Ourense quixeron facer chegar o seu berro de auxilio. Proovedores, comerciantes e autónomos uníronse á petición de axudas directas e dun xeito inmediato, din. Hai negocios en Ourense que levan máis dun mes pechados polas restricións.
Os hostaleiros de Lugo amosaron a súa indignación diante da Subdelegación do Goberno, onde presentaron un plan que inclúa achegas para pagar os alugueiros e ampliación dos ERTE.
En Ferrol, optaron polo silencio para facer escoitar as súas reinvindicacións.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 15:20