CRTVG

Buscar

Os hostaleiros entenden inasumibles as medidas de reapertura

Publicado o 29/04/2020 14:53

Bares, restaurantes e hoteis prepáranse para reabrir os negocios con moitas dúbidas. Será unha reapertura gradual, segundo as diferentes fases da desescalada, un proceso que o Goberno aínda terá que definir con outras administracións.

A limitación da capacidade dos negocios é unha das principais preocupacións do sector, que se queixa tamén da falta de protocolos de seguridade.

Os hostaleiros botan contas, e os números non lles saen.

Por iso piden unha flexibilización dos ERTE para ir incorporando o persoal de xeito gradual. Do contrario, auguran a quebra de moitas empresas do sector.

Noticias web

29/04/2020