CRTVG

Buscar

Os hostaleiros de Lugo solicitan permiso para cubrir as terrazas con carpas

Publicado o 03/11/2020 21:21

Baixan as temperaturas e as chuvias van collendo cada vez máis protagonismo neste outono marcado polas restricións da pandemia. Por iso, os hostaleiros buscan solucións que lles permitan manter os seus negocios abertos. Para tal obxecto, en Lugo reclaman que lles deixen cubrir con carpas as terrazas instaladas en espazos públicos. Outramente, din, non terán clientes, e terán que pechar por non poder facer fronte aos gastos dos seus negocios.

A solicitude será remitida aos outros 66 concellos da provincia. No caso da cidade de Lugo recoñecen que pode ser complicado polas normas municipais, pero agardan que o Concello autorice esta medida para complementar a autorización de manter as terrazas na rúa ata o 31 de xaneiro.

Noticias web

03/11/2020