CRTVG

Buscar

Os hospitais rexistran menos pacientes sen COVID por medo ao contaxio

Publicado o 20/05/2020 15:25

A crise da COVID-19 está provocando cambios importantes nos hábitos dos pacientes e na atención hospitalaria. O xefe de Anestesioloxía do Hospital Clinico de Santiago asegura que diminuíu a presión nas urxencias e na frecuencia de visita aos centros médicos, o que, segundo di, está tendo consecuencias negativas para a saúde.

Julián Álvarez, que tamén é decano da Facultade de Medicina de Santiago, di que a solución a este problema pasa por fomentar a medicina a distancia a través das novas tecnoloxías.

O xefe de Anestesioloxía do CHUS aposta tamén por fomentar o traballo en equipo e por atender de xeito ambulatorio todos os pacientes que sexa posible.

Noticias web

20/05/2020