CRTVG

Buscar

Os hospitais duplican a afluencia de doentes en marzo

Publicado o 02/04/2020 19:09
Os hospitais duplican a afluencia de doentes en marzo

Os hospitais españois recibiron en marzo o dobre de xente que no mesmo mes do ano anterior, e multiplicouse por catro a asistencia de pacientes a centros de saúde. Así o recolle o estudo dunha consultora que analiza os movementos das persoas. O informe indica que a afluencia ás farmacias foi medrando ao longo do mes, pero de forma paulatina, e sen experimentar un crecemento importante, mentres que os supermercados chegaron a multiplicar por catro a súa afluencia. E dende que se decretou o estado de alarma reducíronse a unha cuarta parte os movementos por rúas e estradas.

 

Noticias web

02/04/2020