CRTVG

Buscar

Os hórreos, en perigo polo abandono do agro

Publicado o 01/01/2021 21:27

Hórreos, cabazos, canastros... poucas construcións simbolizan mellor a paisaxe rural galega ca estes celeiros ideados para protexer as colleitas da humidade. Enxeños labregos que, ao perderen uso, corren o perigo de desaparecer se non se protexen a tempo.

Non é legal trasladar os hórreos, nin vendelos se non é co resto do predio. Tampouco hai que pagar IBI por eles, así que se teñen un e non o usan xa para gardar o gran, o consello é buscarlle usos alternativos.

Malia que Galicia e Portugal son potencia, tamén existen hórreos no Xapón, en Madagascar ou Turquía. Entre todos os países traballan xa para presentar os celeiros elevados dos tres continentes como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Noticias web

01/01/2021