CRTVG

Buscar

Os herdeiros de Franco teñen que entregar mañá as chaves do pazo de Meirás

Publicado o 09/12/2020 08:51

Mañá é o día. E xa está todo listo. Os Franco deberán entregar as chaves de Meirás ao Estado. E esta tarde, o presidente da Xunta e a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, ultiman os detalles. 

Un novo paso nese camiño para a entrega definitiva do pazo. Ese traspaso que mañá teñen que facer é provisional mentres non se resolven os recursos presentados polos herdeiros de Franco.

Ás once da mañá deste xoves teñen que entregar as chaves ao Estado. Na xuntanza desta tarde entre as diferentes administracións, tratarase de determinar que usos e que tipo de xestión se lle vai dar ao pazo de Meirás. A Xunta de Galicia pretende que se dedique a incidir en actividades sobre a igualdade e as outras administracións queren que se incida máis na memoria histórica.

Noticias web

09/12/2020