CRTVG

Buscar

Os guías turísticos dan por perdida a temporada

Publicado o 03/06/2020 15:40

Outra parte do sector moi prexudicada pola pandemia é a dos guías de turismo. Poden volver ao traballo na fase 3, pero dan a temporada por perdida ao faltar o turismo de grupos.

Agárdanse moitos visitantes individuais en Galicia, pero non as viaxes grupais en que están especializados.

Estanse a formar nun código de boas prácticas para previr contaxios. Un protocolo co que garantir a seguridade nas visitas grupais. Pero, como as expectativas de recuperar clientes este ano son baixas, piden axuda ás administracións.

E xa que non veñen grupos de fóra, animan a que sexamos os propios galegos os que apostemos pola nosa terra. Queda moito por explorar no país e nada mellor que facelo da man dun profesional.

 

 

Noticias web

03/06/2020