CRTVG

Buscar

Os grupos do Parlamento pactan reducir á metade a presenza de deputados nos plenos

Publicado o 06/11/2020 18:19
Os grupos do Parlamento pactan reducir á metade a presenza de deputados nos plenos

 


Os grupos do Parlamento de Galicia, e tras a proposta feita polo seu presidente, Miguel Santalices, acordaron reducir á metade a presenza de deputados no hemiciclo autonómico para evitar a permanencia dos 75 deputados en sesións que, de media, duran unhas nove horas cada día. Este acordo, que se aplicará xa na sesión plenaria da próxima semana que empeza o martes, significa que simultaneamente só poderá haber 38 deputados no hemiciclo máis a persoa que nese momento presida a sesión plenaria.

Poderán coincidir todos eles, con todo, no momento das votacións, que adoitan ser polo menos dúas veces no pleno --as mocións e as proposicións non de lei-- e unha terceira no caso de que se tramite algunha lei. Excepcionalmente hai outros momentos de votación tamén. Os deputados que non poidan seguir fisicamente o pleno nun momento dado, poderán facelo de forma telemática desde os seus despachos ou outros puntos do Pazo do Hórreo, xa que se retransmite desde o circuíto interno, así como a través da páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal). 

Noticias web

06/11/2020