CRTVG

Buscar

Os gandeiros piden control no prezos e axudas ao sector

Publicado o 15/06/2020 14:44

Din que dende que comezou a crise perden un euro por quilo de carne. Os gandeiros atravesan unha difícil situaicón. Aseguran que os intermediarios están baixando os prezos ata un 30 por cento cando esta baixada non está repercutindo no cliente. Piden que se controlen os prezos ou axudas. Aseguran que así non poderán aguantar moito máis tempo.

Din que antes o quilo de tenreira rozaba os cinco euros e que neste momentos non llela pagan nin a tres. Con este prezo, aseguran, non lle sae rendible nin tan sequera cebar os becerros.

De feito, están a retomar as concentracións. Hoxe xuntáronse en Xinzo de Limia ao carón dos supermercados para pedir unha solución ás súas reivindicacións.

Noticias web

15/06/2020