CRTVG

Buscar

O tradicional primeiro día de rebaixas deixa de selo pola liberalización do comerción

Publicado o 07/01/2020 09:44

Poucas aglomeracións neste primeiro día das rebaixas de inverno. A liberalización dos periodos de rebaixas e o feito de que moitos comercios levan xa días ofrecendo descontos fai que esta primeira xornada se estea a vivir con tranquilidade. A gran maioría chega xa sabendo o que quere mercar.

Neste primeiro día atopamos descontos de ata o 50%, pero que poden chegar mesmo ata o 70 nalgúns comercios e produtos concretos.

Tamén hai quen se achegou hoxe ata os comercios para cambiar algún agasallo en que os Reis non acertaron, coa vantaxe de que agora lles renden máis os cartos.

As previsións apuntan a que cada español gastará unha media duns 200 euros nesta campaña de rebaixas de inverno.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020