CRTVG

Buscar

Os galegos apuran as últimas horas para as compras de Nadal

Publicado o 23/12/2019 21:52

O mal tempo destes días provocou que a esperanza do peixe e o marisco de Nadal agardase hoxe nas prazas de abastos do país. E velaí, desexo cumprido, produto hai pero, iso si, vai caro.

E aínda se han de animar. Se preguntamos na rúa comprobamos que, intencionadamente ou non, son moitos os que o deixan todo para última hora. Si, tamén as compras do Nadal.

Pero, como en todo, hai excepcións... Pois menos mal, hai a quen non lle entra na cabeza que Papá Noel non sexa previsor. Aseguradas as compras máis importantes, o Nadal seguirá sendo máxico. Para o resto e para os que lles gusta vivir ao límite, aínda poden apurar o día de mañá.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019