CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo lanzaranse dende oito puntos distintos de Santiago

Publicado o 05/06/2020 16:32

Sabiamos que a pirotecnia dos fogos do Apostolo tiña que saír este ano da praza do Obradoiro. Agora sabemos que a noite do 24 de xullo os fogos se van espallar pola cidade. E que a empresa que se contrate terá que lanzalos desde un mínimo de 8 emprazamentos. Lume 360º para as festas do Apóstolo. 

A primeira vez, en 1545, eran ta só unhas candeas que iluminaban o praza para as corridas de touros, os xogos. Case 500 a nos despois, o espectáculo continúa. E si, tamén neste 2020 volverán os Fogos do Apóstolo.

Pero desta volta porán luz a espazos sen aglomeracións. Xa estaba previsto que a pirotecnia saíse este ano da praza do Obradoiro. E hai apenas uns minutos o Goberno municipal aprobaba a convocatoria do concurso para a celebracion dos fogos cun importe de 130.000 euros.

A idea principal é a seguridade e para iso os fogos espallaranse pola cidade. Desde cada emprazamento haberá a mesma potencia e características. E incluso permitiría ver todos os puntos de lanzamento ao mesmo tempo.

No mapa da cidade trazarase un círculo que pasa pola Cidade da Cultura. Fontiñas, O Castiñeriño, Conxo, A Alameda, O Predroso ou desde o monte de Vite.

Así que esa imaxe da praza chea, dos pequenos empurróns para facer un pouco máis sitio, pasarán á historia precovid. E os novos Fogos do Apóstolo formarán parte da nova normalidade.

 

 

Noticias web

05/06/2020