CRTVG

Buscar

Os fachóns alumean a noite de Castro Caldelas

Publicado o 19/01/2020 21:39

Os fachóns alumean xa a noite en Castro Caldelas, e a festa prolongarase ata ben entrada a madrugada.
Trátase dunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia que este ano estrea declaración de interese turístico da comunidade. Na procesión, veciños e visitantes percorren o centro histórico da vila e rodean o castelo. A única luz é a dos centos de feixes de palla ardendo. Rematado o percorrido, chourizo e viño para quentar os corpos. As primeiras referencias deste culto ancestral remóntanse ao ano 1751, é unha das celebracións máis antigas de Galicia.




 

Noticias web

19/01/2020