CRTVG

Buscar

Os expertos piden un consumo responsable para paliar o problema dos microplásticos

Publicado o 10/12/2019 15:22

Vivimos na era do plástico pero temos pouca información sobre os seus compoñentes.

Para estudar eses aditivos, nomeadamente os tóxicos, e que tecnoloxías de depuración cómpren, o Proxecto Nor-Water presentouse na xornada celebrada no Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. Nel participan investigadores galegos e do norte de Portugal.

Os expertos avogan polo consumo responsable para afrontar este problema da xestión da vida útil do plástico.

Segundo a FAO, a produción de microplásticos acadará os 1.000 millóns de toneladas en 2050.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019