CRTVG

Buscar

Os expertos piden priorizar os obesos na vacina anticovid−19

Publicado o 01/12/2020 20:44

A obesidade dispara os datos no estudo fronte a COVID−19: un 48 % máis de risco de morrer, un 46 por cento máis de contaxio, 78 % máis de ingresos en UCI e un 113 % máis de hospitalizacións. Razóns todas para que, ante a inminente chegada da vacina, os endócrinos pidan que estes pacientes sexan prioritarios.

A gravidade que representa a obesidade ante a COVID−19 está recollida neses datos. Outro dato relevante é que, a día de hoxe, dos ingresados por coronavirus nos hospitais o 20 % son obesos.

Ademais as persoas con sobrepeso teñen outras patoloxías asociadas, como a diabetes ou a hipertensión, que os fai aínda máis vulnerables. A pandemia puxo de manifesto a importancia de tomar consciencia dunha enfermidade que se considera infravalorada.

O 22 % dos adultos e o 19 % dos nenos e mozos españois son obesos. Galicia está por riba desa media. Para cando chegue a vacina contra a covid−19, insisten os expertos, as persoas obesas deberían ser das primeiras en recibir a inmunización.



 

Noticias web

01/12/2020