CRTVG

Buscar

Os expertos indican que os tests enviados a Galicia "son complementarios"

Publicado o 07/04/2020 14:46

A fase para levantar o confinamento está aínda en estudo e será progresiva. Relaxar medidas obrigará a intensificar a vixilancia e a detección precoz para garantir que o virus non volva circular como antes. E os expertos advirten: non vai ser doado porque é a primeira vez que nos enfrontamos a unha pandemia así.

Na detección precoz axudarán os tests anticorpos que acaba de repartir o Goberno ás comunidades autónomas. Sanidade insiste en que a proba máis fiable para confirmar se alguén está enfermo, sobre todo nos primeros días, segue sendo a PCR. Os tets servirán de apoio diagnóstico.

 

Noticias web

07/04/2020