CRTVG

Buscar

Os expertos din que non hai motivo de alarma malia a repunta das agresións nos últimos días

Publicado o 15/05/2020 14:29

A semana arrancaba no barrio coruñés de Beiramar cun home atrincherado nunha vivenda despois de ferir de gravidade outra persoa cunha arma de fogo.

Tamén unha pelexa na que se viron envoltas varias persoas obrigou aos antidisturbios a intervir no barrio dos Mallos. O que empezou como unha simple discusión, acabou con máis que palabras.

Por non falar da liorta, gravada polos propios veciños da praza do Humor, que deixou un ferido, dous detidos e ata sete patrullas despregadas. E todo isto nos primeiros días da fase un da desescalada.

"Probablemente, con esas persoas, antes, sucedese o mesmo. Pode influír o feito de que antes tomas unha copa, e agora igual te sentes peor".

Din os expertos que son casos illados.

"A agresividade, se non a tiñas, non tes porque tela agora. Vivimos nunha siutación moi complicada, que pode xerar angustia, ansiedade".

E aínda que isto non sexa motivo de alarma, si é unha chamada á reflexión, despois destes últimos meses de confinamento.

Noticias web

15/05/2020