Os expertos constatan que a clasificación enerxética dos electrodomésticos está desfasada
Publicado o 11/03/2020 15:49
O informe europeo pon de manifesto que o actual sistema de clasificación enerxética dos electrodomésticos non é válido, porque cada fabricante utiliza criterios diferentes para etiquetar os seus produtos.
O problema agrávase, din os expertos, se os electrodomésticos proceden de terceiros países, porque ao chegar aquí cada país verifica de forma distinta ou con máis ou menos rigor a veracidade da etiqueta.
Unha fraude consentida ata o de agora que en menos dun ano vai cambiar, segundo as previsións das autoridades comunitarias, que deseñan novas etiquetas e un sistema de homologación unificado.
A nova certificación pretende tamén ser máis comprensible para o consumidor.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49