CRTVG

Buscar

Os expertos coinciden en que o toque de queda pode ser unha medida eficaz nos horarios de maior transmisión

Publicado o 20/10/2020 16:24

Quixemos preguntarlles aos expertos. Coinciden en que a repunta de gromos obrigará a endurecer as restricións.

O toque de queda pode ser unha medida eficaz para os momentos de maior transmisión comunitaria. Reduciría o contacto social e a transmisión do virus.

O obxectivo é non ter contaxios. E sen vacina nin tratamento, a estratexia pasa por medidas de contención. O toque de queda é unha delas.

Juan Gestal, epidemiólogo e profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública sinala que "os efectos preventivos do toque de queda dependen da importancia que teña a transmisión nesa franxa horaria".

É esencial reducir ao máximo a actividade social. Un compromiso individual que evite isto.

Os contaxios medran en domicilios privados. E incumprir as restricións cos gromos actuais pode pasar factura.

"Cando se perde o control da transmisión da enfermidade pode ser necesario medidas moito máis drásticas como medidas de confinamento da poboación", sinala Juan Gestal.

Algo que non quere ninguén.

Noticias web

20/10/2020