CRTVG

Buscar

Os expertos advirten do risco das aglomeracións polo Nadal

Publicado o 30/11/2020 15:23

Rúas a rebentar, animadas polo ambiente natalicio e polas compras é a imaxe do centro dalgunhas grandes cidades esta fin de semana, coma se a pandemia formara xa parte do pasado.

Estamos ás portas dun proceso de desescalada tras as restricións do último mes. Os contaxios seguen á baixa pero desde Sanidade piden responsabilidade.

A presión hospitalaria tamén mellora, pero os expertos advirten de que as unidades de coidados Intensivos non están preparadas para unha terceira onda do virus. En Galicia a anticipación das restricións, aínda cunhas das taxas máis baixas de contaxios de España, evitaron ter que botar man de medidas excepcionais.

As medidas para o Nadal decidiranse no grupo de traballo constituído entre o Goberno e as comunidades. Galicia di que será precavida para evitar unha nova onda.

Noticias web

30/11/2020