CRTVG

Buscar

Os EUA rompe a marca diaria de contaxios con mais de 74.000 novos casos

Publicado o 16/07/2020 13:34

Os Estados Unidos superaron a súa marca diaria de contaxios por coronavirus: mais de 74.000 novos casos nas ultimas 24 horas.

En todo o país son xa máis de tres millóns e medio de contaxiados e os mortos superan os 137.000. Numeros que para o epidemiólogo da Casa Branca, Anthony Fauci, evidencian que non se está indo na dirección correcta.

Os expertos alertan de que nas ultimas dúas semanas o brote foi a máis en 41 dos 50 estados e todo indica que as cousas poden empeorar nas próximas semanas ou meses.

No outro epicentro da pandemia, O Brasil, o presidente Bolsonaro volveu dar positivo por coronavirus, logo de anunciar hai oito días que tiña a enfermidade.

Bolsonaro dixo estarse tratando con hidroxicloroquina, un medicamento sen unha eficacia probada contra o virus.

Noticias web

16/07/2020