CRTVG

Buscar

Os EUA ordena o peche do consulado chinés de Houston entre acusacións de espionaxe

Publicado o 22/07/2020 20:14
Os EUA ordena o peche do consulado chinés de Houston entre acusacións de espionaxe

O secretario de estado estadounidense, Mike Pompeo, insistiu este mércores en Copenhague na necesidade de facer fronte á "ameaza" procedente do Goberno chinés, despois de que o departamento que dirixe ordenara o peche do consulado chinés de Houston (Texas).

"Desde hai tempo o Partido Comunista chinés rouba propiedade intelectual, non só estadounidense, senón tamén europea", afirmou Pompeo nunha conferencia de prensa tras reunirse co seu homólogo danés Jeppe Kofod e con representantes de Groenlandia e as Illas Feroe.

"Isto custa centos de miles de traballos, bos traballos de xente que traballa duro, por toda Europa e EUA., roubados polo Partido Comunista chinés", aseverou o secretario de estado, en referencia á xustificación achegada por Washington para o peche do consulado.

Segundo unha portavoz do Departamento de Estado, a orde produciuse co fin de protexer propiedade intelectual estadounidense así como a información privada dos cidadáns.

"O presidente Trump dixo que xa basta. Non imos permitir que isto siga sucedendo", indicou Pompeo, sen dar máis detalles sobre o motivo da orde que tensou aínda máis as relacións entre os EUA e A China, inmersos desde hai meses nunha guerra comercial. Ademais de "os retos causados por réximes autoritarios".

Noticias web

22/07/2020