CRTVG

Buscar

Os EUA compran o 90 % da produción do primeiro fármaco para tratar a covid-19

Publicado o 01/07/2020 17:15
Os EUA compran o 90 % da produción do primeiro fármaco para tratar a covid-19

O Goberno dos Estados Unidos adquiriu case o 90 % do inventario do próximos tres meses do fármaco Remdesivir, un dos medicamentos que mostrou os seus efectos positivos no tratamento da COVID-19, informaron hoxe os medios. O Departamento de Saúde estadounidense asegurou a compra de máis de 500.000 tratamentos de Remdesivir da farmacéutica Gilead Sciences para os hospitais estadounidenses ata setembro.

En concreto, o volume adquirido supón o 100 % da produción de xullo e o 90 % de agosto e setembro. "O presidente Donald Trump logrou un incrible acordo para asegurar que os estadounidenses teñan acceso á primeira terapia autorizada para a covid-19. Ata onde sexa posible, queremos garantir que calquera paciente estadounidenses que o necesite poida obtelo", dixo nun comunicado o secretario de Saúde.

España di que hai stock suficiente

O Ministerio de Sanidade asegura que "existe un stock suficiente" de Remdesivir en España para facerlle fronte "á situación actual e a posibles brotes" dentro das indicacións actuais do fármaco, é dicir, en adultos e adolescentes maiores de 12 anos con pneumonía que requiran osíxeno.  

Noticias web

01/07/2020