CRTVG

Buscar

Os estudantes buscan resolver a situación dos alugueiros dos pisos

Publicado o 05/05/2020 14:33

A abrupta finalización do curso deixou moitos pisos de estudantes baleiros e con contratos de alugueiro en vigor ata o verán. Na maioría dos casos non volveron nin teñen previsto volver ocupalos. Como consecuencia, os inquilinos están a buscar acordos que lles eviten ter que pagar polos meses non utilizados.

Porén, para os casos en que non se chegou a un acordo de boa fe, a lei permite abrir outras vías, segundo opinan os xuristas.

Unha opción que tamén estudan arrendatarios de locais comerciais naqueles casos en que a actividade está parada e para os que non chegou o acordo amigable nin as axudas públicas.

Noticias web

05/05/2020