CRTVG

Buscar

Os estancos seguen abertos e con máis vendas de tabaco do habitual

Publicado o 24/03/2020 15:45

Os estancos seguen abertos e tratan de adaptarse como poden a esta nova realidade. Hoxe visitamos un da Coruña que pasou de cinco a dous empregados en poucos días. Viven xornadas soltas con moita máis venda de tabaco do habitual: momento complicado para que os fumadores deixen de selo. E aínda teñen que responder varias veces ao día aos que preguntan pola lotaría.

Xa son familiares as liñas para manter a distancia, a pranta como parapeto e aínda seguen oíndose as moedas.

"Moitos pagan en metálico, e iso que temos carteis pedindo que paguen con tarxeta, que non temos mínimo".

Unha medida lóxica dado o volume de xente que pasa polo estanco.

"Onte foi unha loucura, deixáronnos todo medio baleiro. E en cambio hoxe non temos case ninguén".

Un case ninguén algo enganoso, porque de súpeto o can da única clienta aparece rodeado de máis clientes. Un movemento que non se traduce en máis ingresos.

"Os ingresos... De feito eramos cinco traballando aquí, e agora somos dous".

Pero os clientes seguen desfilando e desfilando.

Saíu para preguntar pola lotaría.

E calmou ese medo neste estanco que, de momento, non pensa en pechar.

"Se os tes pechados na casa e por riba sen fumar...".

Esa confianza en non pechar indica, polo menos, algo de esperanza.












 

Noticias web

24/03/2020