CRTVG

Buscar

Os estaleiros de Vigo acaparan o 60 por cento dos contratos en España, un 20% máis que o ano pasado

Publicado o 22/08/2019 10:49

Boas perspectivas hai no naval. Só Vigo acapara máis da metade dos contratos de ámbito estatal, case o 60 por cento dos contratos de toda España. Por estas mesmas datas, o ano pasado en Vigo construíase o 40 por cento dos contratos estatais do sector naval; un 20% máis este ano.

Se aos estaleiros de Vigo se lle suman os de Marín, en total están construíndo 30 buques. O estaleiro que concentra maior número de pedidos é Nodosa con 9 buques e Barreras e o que está construíndo os barcos de maior envergadura.

A maioría dos clientes son estranxeiros, de países como Groenlandia, Italia, Bélxica ou Kuwait.



 

Noticias web

22/08/2019