CRTVG

Buscar

Os especialistas aéreos alertan do uso indebido que conleva o crecemento dos drons

Publicado o 26/01/2019 13:30

Un dos aeroportos máis importantes de Europa estivo paralizado varios días pola presenza de drons. De seguro que o lembran, foi xusto os días antes do Nadal no Reino Unido. O aeroporto londiniense de Gatwick viuse obrigado a pechar despois do avistamento de varios drons sobrevoando as súas pistas. Milleiros de pasaxeiros afectados, centos de voos cancelados... e o máis preocupante, o feito de saltaren as alertas de seguridade aérea. E diso imos falar co noso seguinte convidado, Antonio Bedmar, especialista en sistemas aéreos non tripulados.
 

Noticias web

26/01/2019