Os españois repatriados da China chegan esta tarde ao aeroporto militar de Torrejón de Ardoz
Publicado o 31/01/2020 15:08
E mentres este galego enfróntase á cuarenta en medio do mar, en augas vietanmitas, o avión en que viaxan os españois repatriados acaba de facer escala en Londres e chegará esta tarde a Torrejón de Ardoz. E en canto aterren serán trasladados a este hospital. Din no ministerio que é unha cuestion de loxística, porque así o establece o protocolo, pero que realmente son persoas sas, que non terían por que estar hospitalizadas.
No mesmo avión saíron tamén da China cidadáns británicos, daneses e noruegueses. E España enviou a Londres tres médicos e unha enfermeira que acompañan o grupo español xa de volta a Madrid. España non se formula declarar a emerxencia como fixo Italia e confía en que o virus comece a remitir.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 14:55