CRTVG

Buscar

Os españois evacuados de Wuhan serán dados de alta mañá

Publicado o 12/02/2020 20:56

Mensaxe de calma á cidadanía e, aínda que sen resultado, aos participantes do Mobile. Tanto o ministro de Sanidade como a conselleira de Saúde da Generalitat aseguran que non hai ningunha razón sanitaria para cancelar eventos en España e que se están adoptando todas as medidas necesarias para conter o virus.

Ambos piden confianza no sistema sanitario, porque este funciona. En España só hai dous casos confirmados. O da Gomera recibirá a alta mañá. E tamén os cidadáns españois repatriados de Wuhan. Salvador Illa confirma que están todos sans, que pasaron a corentena e que mañá xa poden incorporarse á súa vida cotiá. "Téñeno ben merecido", remata o ministro.

Noticias web

12/02/2020