CRTVG

Buscar

Os equipos modestos galegos non poden asumir unha PCR por xornada

Publicado o 10/08/2020 22:18

Ángel Garrido é o presidente do Betanzos desde hai 20 anos. Tamén no 2000 foi elixido presidente da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, á que pertencen os equipos de Preferente, Terceira e mais o Pontevedra, o Racing, o Coruxo e o Lugo.

Ángel Garrido, presidente da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol: "A federación parece, non digo que sexa así, que está botando balóns fóra e pasándolle a responsabilidade a outra xente".

Os clubs non contemplan unha temporada en branco por culpa da pandemia.

Ángel Garrido, presidente da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol: "Pasar un ano en branco é mortal. Se non se celebra a temporada 2020-2021, moitos clubs vanse desfacer".

Os clubs piden un protocolo que sexa asumible para todos os estamentos do fútbol semiprofesional ou afeccionado.

Ángel Garrido, presidente da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol: "O 90 % dos clubs de terceira división para baixo non poden facer os test. Poden facer un test cando empece a pretemporada. Pero se lles dis que antes de cada partido teñen que facelo, é inasumible".

O Somozas era o primeiro equipo de Terceira que ía empezar a pretemporada. Este luns era a data elixida. Aprazou o inicio dos adestramentos sine die.

Noticias web

10/08/2020