CRTVG

Buscar

Os encoros galegos están ao 73% da súa capacidade

Publicado o 24/11/2019 17:38

O encoro de Eiras, que subministra a Vigo, está ao 81% da súa capacidade, algo por riba da media en Galicia onde as presas están ao 73% a estas alturas de 2019. Hai un ano non chegaban ao 55%. Belesar en Lugo é o que máis auga contén o 83% da súa capacidade. Por iso moitas presas están abertas.

Diego Viaño: "A chuvia nas últimas semanas que a auga encorada aumente de forma substancial, por exempolo na conca Galica consta un incremento superior ao 10% por riba do 5% da Conca Miño-Sil"

Leva 22 días consecutivos chovendo, a antítese de novembro do ano pasado, especialmente seco. Estas son imaxes desta mesma mañá, en Viveiro, Lugo. É o río Landro no seu máximo de caudal. Onte desbordouse. Estoutra enchenta pertence ao río Sil. O afluente do Miño segue en risco de desbordamento. Tamén as concas do Tambre, Ulla e do Mandeo.

Diego Viaño: "A auga que recollen as estacións que teñen a AEMET tamáen están deixando rexistros históricos. Se o comparamos co 2018, ano moi seco, en cidades como Pontevedra e Lugo recolleron o triple, case o dobre e catro veces en Ourense"

Porque sobra dicir que neste país maís nos outros nunca chove a gusto de todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019

Máis sobre Viveiro