CRTVG

Buscar

Os encargos de última hora: que lle piden os nenos?

Publicado o 05/01/2019 15:10

Non se cansan de repetir a listaxe das súas peticións para esta noite. Quedan poucas horas para a chegada dos Reis pero non queren deixar lugar a dúbidas. Algún volve botar a carta a Correos ou fai encargos de última hora. E para garantir o éxito xa saben o que lles van deixar as súas maxestades e aos camelos.

No mundo adulto, as peticións van por outros carreiros menos mundanos. Ese tipo de agasallos non se atopan no centro comercial onde a xente bule. Mercan algunha cousa para a cea ou mesmo para deixarlles ás súas maxestades que, con tanto traballo, esta noite de seguro que chegan ás casas con fame.

Noticias web

05/01/2019