CRTVG

Buscar

Os dous detidos pola suposta violación do barrio lugués da Fervedoira pasan esta tarde a disposición xudicial

Publicado o 09/03/2020 16:33

A Policía Nacional de Lugo detivo esta mañá un segundo home en relación coa suposta violación dunha muller acontecida esta fin de semana nunha vivenda do barrio da Fervedoira, nos arredores da capital lucense. O novo detido ten uns 40 anos e comparte domicilio co home de mediana idade ao que xa prenderan o sábado en relación con estes feitos.

Os dous poderían pasar esta tarde a disposición do Xulgado de instrución número 3 de Lugo, especializado en casos de violencia de xénero. A investigación está baixo segredo de sumario.

Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional de Lugo: "Ao longo de toda a fin de semana, despois de tomar declaración e verificar as testemuñas, conclúen que había outra persoa, que é o compañeiro de piso do primeiro detido, que tamén está implicado nos feitos e se procede á súa detención".

Noticias web

09/03/2020