CRTVG

Buscar

Os doadores de órganos medraron case un 15 por cento en Galicia en 2019

Publicado o 10/01/2020 15:11

Galicia mantivo en 2019 o número total de transplantes en 354, co que igualou a marca histórica acadada o ano anterior. Máis da metade foron de ril e fígado, os órganos máis demandados.

Ademais, incrementouse nun 14,7 por cento o número de doadores, que chegou aos 136. A nosa comunidade acada tamén o obxectivo dos 50 doadores por millón de habitantes tres anos antes do previsto pola Consellería de Sanidade.

O informe de doazóns e transplantes do último ano reflicte un terceiro dato a celebrar: o da porcentaxe de familias que rexeitan doar os órganos do parente falecido. Acada o seu mínimo histórico, o 13,4 por cento, e por primeira vez mellora a media nacional, seis décimas superior. A Xunta cualifícao como un éxito inimaxinable non hai moito tempo. Con dúas claves.

Concienciación na xenerosidade con quen precisa eses órganos e na certeza de que se cadra somos nós quen precisamos da mesma máis adiante.

 

Noticias web

10/01/2020