CRTVG

Buscar

Os detidos pola morte dun home en Toques pasan a disposición xudicial

Publicado o 05/06/2019 12:59

Pasaban minutos das 10 da mañá cando chegaba aos xulgados de Arzúa o furgón policial que trasladaba as 3 detidos desde o cuartel de Lonzas, na Coruña. Son Manolo e Marcial, dous irmáns, veciños da vítima, da parroquia de Nogueira, en Sobrado dos MOnxes e un curmán deles residente en Boimorto. Roldan os 60 anos. Declaran ante o xuiz pola súa suposta implicación na morte de Julio Lea, que apareceu calcinado preto do seu coche nunha pista forestal o 27 de marzo. Nun principio pensouse que morrera a causa do lume pero as investigacións da Policía Xudicial determinaron que foi vítima dunha morte violenta.

En Sobrado dos Monxes os veciños son coñecedores das desavinzas de vello entre os sospeitosos e a vítima. Contan que Manolo, un dos irmáns detidos xa estivo en prisión por un enfrontamento co pai da vítima. Julio Lea, a vítima, era moi coñecido en Sobrado dos Monxes. Traballaba de xornaleiro. Din os que o trataban que era un home tranquilo. Non opinan o mesmo dos detidos, descríbenos como persoas conflitivas. A titular do xulgado de Primeira instancia e Instrucción de Arzua interrogou aos sospeitosos ata preto da 1 e media da tarde.