CRTVG

Buscar

Os detidos na última redada antidroga no Vao pasan a disposición xudicial

Publicado o 15/02/2019 14:09

Os xulgados de Cangas contan hoxe cun dispositivo especial de seguridade para a posta a disposición xudicial das seis persoas vencelladas aos clans xitanos do Vao.
Foron detidos en diversos puntos da provincia de Pontevedra por pertenceren a unha banda que supostamente trafica con heroína e haxix a media escala.

Ás nove menos dez chegaron a estes xulgados de Cangas os seis detidos na macrorredada do pasado mércores no Vao, Vilaboa, Sanxenxo e Vilanova. Foron detidas máis persoas pero quedaron xa en liberdade en sede policial.
A maioría deles reside no poboado de Poio onde se atoparon tan só nunha vivenda 600 gramos de heroína.

Un operativo de seguridade especial combinado de Garda Civil e Policía Nacional, aínda que as detencións foron practicadas pola Policía e un valado metálico despregáronse no acceso aos xulgados de Cangas para evitar posibles incidentes. Un grupo de familiares dos detidos pasou boa parte da xornada ás portas do xulgado.

Aos detidos impútaselles a pertenza a unha banda organizada que trafica con heroína e háxix a mediana escala, e con cocaína a menor escala.

Algúns deles xa foran detidos en 2006, pero os seus antecedentes xa están cancelados. A declaración diante do titular do Xulgado de Instrución número tres de Cangas, David Pérez Laya poderíase alongar ata media tarde.

Noticias web

15/02/2019