CRTVG

Buscar

Os desavinzas entre Paco Zas e Fernando Vidal aceleran a saída da actual directiva do Deportivo

Publicado o 27/12/2019 20:19

• O novo Consello critica "a pasividade" do anterior na toma de decisións "urxentes" para a supervivencia do club

Esta tarde comunícanlle a Luis César que non segue, mañá adestra Fernando Vázquez. Que cambiou? Que aparece en escena Juan Armenteros, membro do equipo de Fernando Vidal, avogado, será o presidente interino do Deportivo ata o 14 de xaneiro. Esta mañá pasou por unha notaría con Paco Zas.

O Deportivo viviu unha mañá de negociacións e gran incertidume. Sobre a mesa, a renuncia do actual presidente, Paco Zas, e o seu equipo e a entrada dun novo cadro rector designado pola candidatura de Fernando Vidal. As discrepancias entre as partes impedían a entrada en vigor do novo acordo anunciado por Vidal con Abanca, que posibilitaría calquera tipo de operación.

Tras un longo tirapuxa sobre a fórmula legal para o cambio, o acordo chegou contra o mediodía. Un equipo de seis membros da candidatura de Vidal, todos agás o propio Vidal e Miguel Otero, toman o mando dirixidos por Juan Antonio Armenteros ata o 14 de xaneiro, cando se elixa o novo consello.

O que supoñerá, no plano deportivo, a inmediata destitución de Luis César e a súa substitución por Fernando Vázquez, quen será xa o encargado de traballar mañá co equipo na volta aos adestramentos.

Noticias web

27/12/2019