Os dentistas só atenden casos urxentes
Publicado o 09/04/2020 14:33
Cadeiras baleiras, instrumental gardado e actividade practicamente nula. Así están as clínicas dentais, un servizo que, malia ser esencial, está practicamente parado, se ben algunhas estableceron protocolos de atención.
Ante a proximidade co paciente, necesaria para poder atendelo, implementaron as xa habituais medidas hixiénicas e de protección.
Con dúas clínicas e sen facturación, viuse obrigado a facer un ERTE. Malia todo, Juan non dubidou en repartir parte do seu material, como máscaras, a puntos onde sabía que eran necesarios.
A sabendas de que custará volver á normalidade, Juan bota man de positivismo.