CRTVG

Buscar

Os coruñeses reclaman medidas de protección para evitar novas caídas na dársena da Mariña

Publicado o 26/11/2020 14:49

A explanada do Parrote abriu ao público no verán de hai seis anos.

"Por aquí pasea moita xente, moitos deportistas...". "Debería estar mellor sinalizado porque hai tres anos morreron dous mozos...", comentan dous coruñeses.

Foron os accidentes máis graves rexistrados nesta zona. Aconteceron no 2017. Aquel 3 de marzo, un mozo de 27 anos e veciño de Mesía, saía dunha discoteca da zona cando caeu á auga de xeito accidental e morreu afogado. 28 días despois, o actor Mateo González, de 35 anos, morría nesta mesma zona tamén pola noite.

"E foi cando colocaron estes bancos...", engade unha viandante.

Os coruñeses insisten no perigo que hai aquí e piden que se garanta a seguridade.

"Que poñan barreiras de protección". "Barreiras non, porque afea moitísimo a zona". "Unhas luces que advirtan do perigo, porque por aquí non hai nada", reclaman os cidadáns.

Todo isto para evitar novos sucesos.

 

Noticias web

26/11/2020