CRTVG

Buscar

Os construtores de piscinas, desbordados ante o aumento da demanda

Publicado o 23/10/2020 15:39

En pleno outono, a experiencia do último confinamento e o temor a novas medidas restritivas provocou que se dispare a demanda de piscinas para telas listas o ano que vén.

Din que a demanda medra tamén porque o clima cada vez acompaña máis en moitos puntos de Galicia e, sobre todo, porque hoxe os prezos das piscinas non son tan elevados como hai anos. Moitos factores xuntos que fan que, en pouco tempo, a demanda medrara arredor dun 15 por cento e sexa difícil de atender.

Noticias web

23/10/2020